Galego

School Bullying. The anti-bullying training site.

Proxecto

Sobre ARBAX

ARBAX é un proxecto multilateral financiado pola Unión Europea, a través do Programa de Aprendizaxe Permanente, ao abeiro da medida Comenius, con número de referencia 518614-LLP-1-2011-1-ES-COMENIUS-CMP.
O proxecto comezou en xaneiro de 2012 e rematará en decembro de 2013

Obxectivos do proxecto

O principal obxectivo do proxecto é a contribución para previr e combater o bullying nas escolas, centrado no acoso racial. Contornos multiétnicos da escola, resultado da migración e a globalización, están experimentando novas formas de violencia dirixidas a alumnado procedente de diferentes contornos sociais, culturais e étnicos. ARBAX ensina os alumnos como diferentes identidades e culturas poden coexistir pacificamente entre si e como os estereotipos e prexuízos poden contribuír a incidentes de intimidación. O proxecto deseñará unha ferramenta das TIC, que ten un videoxogo en 3D e unha rede social á que pode acceder o alumnado. A través disto, promoveranse campañas anti-bullying, anti-racismo e anti-xenofobia.

Grupo obxectivo

O principal grupo obxectivo ao que vai dirixido o proxecto é o estudantado de secundaria. Outro grupo obxectivo é o profesorado, o persoal escolar e todas as persoas involucradas en actividades educativas coa rapazada.

Produtos

Os principais obxectivos deste proxecto son o xogo de simulación ARBAX 3D e a Rede Social.

O xogo de simulación en 3D baséase en situacións reais e funcionará como un xogo de rol onde os usuarios terán que atopar solucións e decidir como actuar en varias situacións relacionadas co bullying e a xenofobia. O xogo, polo tanto, permitirá aprender valores e fomentará o pensamento crítico cara aos prexuízos, estereotipos e a violencia étnica.

A rede social funcionará como unha plataforma onde o alumnado, o profesorado e todas as persoas involucradas na educación serán capaces de interactuar, para cargar documentos relacionados co tema, para facer e respostar preguntas, etc. Alén disto, o profesorado poderá incluír este recurso en disciplinas afíns orientadas á educación civil e social, acceder a actividades curriculares usando este espazo interactivo, e garantindo a participación de todo o estudantado.
O presente proxecto foi financiado co apoio da Comisión Europea. Esta publicación (comunicación) é responsabilidade exclusiva do seu autor. A Comisión non é responsable do uso que poida facerse da información aquí difundida.