Grup Scolar Victor Jinga

Grup Scolar Victor Jinga é unha institución pública de formación profesional inicial e continua, que ten cursos para 850 estudantes, con 15 anos de idade en IT, electricidade, mecánica e carpintaría.

Os estudantes instrúenos 64 profesores, especialistas nos seus respectivos campos. Hai diversas formas de ensino, coma a escola secundaria tecnolóxica (percorrido educativo directo e progresivo),e unha escola secundaria con clases nocturnas. Alén disto, a escola encárgase de organizar estudos superiores e, o que é máis importante, mantén contacto cos graduados, guiándoos nas súas opcións profesionais e organizando continuas sesións de formación profesional para eles.

A formación profesional impártena especialistas dentro da institución - nas oficinas, laboratorios e obradoiros especializados, ou tamén nas oficinas das empresas que pertencen a socios da escola. É unha institución na que se destina material e recursos financeiros obtidos de fontes externas co fin de fornecer equipamento e materiais ao estudantado.

School Cluster Victor Jinga serve á comunidade Sacele e á súa bisbarra, onde mora un número significativo de cidadáns romanís. Para eles, a institución promoveu asociacións que desenvolven programas de formación profesional apropiados para as súas necesidades, incluíndo algúns programas en romaní.