S.C. Concept Consulting SRL

C. Concept Consulting SRL, creada en 2005, traballa no eido do desenvolvemento de negocios e consultoría para acceder ás subvencións da UE e ofrece os seguintes servizos:

O desenvolvemento de proxectos educativos e de formación é tamén unha das súas maiores áreas de actividade. A compañía desenvolveu unha serie de asociacións a nivel local e europeo. Até a data de hoxe a empresa conta con experiencia en preparar e executar proxectos ao abeiro de Leonardo da Vinci (mobilidade, comercio, proxectos piloto), Sócrates, Grundtvig e Comenius.

A experiencia da compañía nesta área está certificada pola participación no proxecto piloto “Immilabour – unha ferramenta europea para mellorar o acceso e permanencia de inmigrantes no mercado laboral”, en colaboración con organizacións de toda España, Malta, Irlanda e Portugal. S.C. Concept Consulting S.R.L. tamén participou no Transversal Programme Key Activity 2 Languages – “Romaninet – un curso multimedia de Romaní para a promoción da diversidade lingüística e mellora do diálogo social” con responsabilidade para a avaliación de calidade e do proxecto en si mesmo.