AtinServices

AtinServices é unha consultoría con máis de catorce anos de experiencia no desenvolvemento e xestión de proxectos de dimensión nacional e internacional.

Conta cunha ampla experiencia no desenvolvemento de produtos de formación innovadores, así como na xestión de proxectos de mobilidade internacional. A súa importante rede de colaboradores internacionais, tanto de Europa coma da China e EEUU, formada por diferentes tipos de organizacións (centros de formación, universidades, empresas, organismos oficiais) permítelle a constitución de asociacións que garantan unha máxima eficacia e calidade no desenvolvemento de proxectos internacionais.

Atinservices está especializada no desenvolvemento de material multimedia para a formación en linguas e ademais conta con ampla experiencia en áreas tan diferentes como a prevención de riscos laborais, o sector da pedra natural ou a integración de minorías.

www.atinservices.com